Torneo de xadrez de nadal 2025 en Cedeira
-
Data
20 de Decembro de 2025
-
Horario
17:00 - 20:00
Cedeira acollerá o Torneo de Xadrez de Nadal 2025 o sábado 20 de decembro, unha cita organizada pola AGAX e coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Cedeira. O evento terá lugar na Sala Áncora, en horario de 17:00 a 20:00 horas.
O torneo disputarase a un ritmo de 10 minutos + 3 segundos e contará con trofeos para os tres primeiros clasificados, así como premios ao mellor sub14 e ao mellor xogador ou xogadora local.
A actividade está aberta ao público e é unha excelente oportunidade para promover o xadrez entre a mocidade e desfrutar dunha tarde de estratexia e deporte mental.
Podedes apuntarvos a través deste mail: correo@agax.org
Ou entrando neste link https://www.xadrezdonorte.org/ (tamén a través do QR do cartaz)