Teatro: “Pinochio” de Ghazafelhos
-
Data
10 Abril, 2021
-
Hora
7:00 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Hoxe 10 de abril ás 19.00 h. no Auditorio Municipal.
Entrada 2,5€.
Público Infantil a partir de 5 anos.
Adaptación libre da obra de por Pepablo Patinho.
Teatro Ghazafelhos xunto con Paty Lesta e Cristian Leggiero deciden contarnos a historia de Pinocchio. Este títere universal que nos enche de risa e emoción e agacha un segredo no seu corazón de bidueiro.
Cunha posta en escena que combina os títeres, teatro actoral e música en directo abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de humor e sensibilidade.
Pódense reservar entradas desde dez días antes e ata o mesmo día pola mañá ou peche de taquilla por cheo:
- Correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal
- Whatsapp no número 649876614 indicando o nome das persoas que asistirán e un número de teléfono. En horario de 9.00 a 14.00 h.