Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Teatro. Monicreques “A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza”

Este evento terminou

Hoxe 24 de outubro ás 19.00 h. no Auditorio Municipal.

Teatro/monicreques – Infantil (desde 2 anos) – Entrada 2,5 €.

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento.

Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre… acompañada do granxeiro e a unha rapaza recén chegada da cidade, que a queren axudar.

Unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo.

Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena.