Teatro Avento “Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos”
-
Data
20 Febreiro, 2021
-
Hora
7:00 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Hoxe sábado 20 de febreiro ás 19.00 h teremos a Teatro Avento coa obra ” Ummm!! Unha comedia musical para chupar os dedos” orientada a público infantil de 3 a 10 anos, dentro da programación que temos contratada a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios en colaboración coa AGADIC.
Sinopse:
A pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios, decide contratar un novo axudante capaz de aportar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. O problema é que , as veces, esas novas ideas da cociña moderna poden entrar en conflicto co bo facer máis clásico de Ana.
A ocupación máxima do noso espazo será de 65 persoas.
Pódense reservar entradas:
- correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal
- whatsapp no número 649876614 indicando o nome das persoas que asistirán e un número de teléfono.
As entradas terán un custo de 2,5 €.