Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Teatro adultos – “DEP”

Este evento terminou

D.E.P. de Malasombra Producións é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor! “.

No Auditorio municipal ás 20.00 horas preséntase este espectáculo dirixido a un grande abano de públicos.

Entrada: 2,50 euros.