Teatro: A corista e Petición de Man
-
Data
23 Maio, 2021
-
Hora
7:00 pm
Hoxe domingo 23 de maio ás 19.00 h. o grupo de teatro amador Teatro Valverde de Cedeira representará dúas pezas de A. Chéjov, A corista e Petición de Man, que comezaron a preparar con Fusa na dirección e coas que queren lembrar a esta gran activista cultural da nosa vila.
Pódense reservar entradas desde dez días antes e ata o mesmo día pola mañá ou peche de taquilla por cheo:
- Correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal
- Whatsapp no número 649876614 indicando o nome das persoas que asistirán e un número de teléfono. En horario de 9.00 a 14.00 h.