Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Teatro “A compañeira de piso”

Este evento terminou

Hoxe sábado 1 de febreiro ás 20:00 h no Auditorio Municipal. Entrada 2,5€ .

Sharon, unha ama de casa de cincuenta e pico anos e recentemente divorciada, publica un anuncio para compartir a súa casa no corazón do rural de Iowa.

Sharon procura alguén coma ela, unha compañeira, se cadra, unha amiga. A chegada de Robyn para ocupar o cuarto deixa a Sharon de pedra xa que non podían ser máis diferentes: lesbiana, vegana, chegada do Bronx… Pero lonxe de arredarse, Sharon comeza a experimentar co estraño (e prohibido) xeito de vida de Robyn sen saber que a súa inquilina procura un refuxio no que agocharse e cambiar de vida.

Unha comedia negra sobre a capacidade de reconducir o tren da propia vida e o que sucede cando este descarrila.

Adaptación da comedia “The Roommate” da autora americana Jen Silverman, en coprodución co Centro Dramático Galego, que trata os temas da idade, a muller e a identidade dun xeito fresco e divertido.