Segunda edición do Festival de Habaneras e Música Coral Vila de Cedeira
-
Data
31 Agosto, 2019
-
Hora
7:00 pm
Hoxe sábado 31 de agosto ás 19:00 h. na Praza do Floreal (de non permitilo o tempo iríase para o Auditorio) terá lugar a segunda edición do Festival de Habaneras e Música Coral Vila de Cedeira.
Nesta edición, na que participan as corais Eixil, Estrelas do Mar, Coro Herbeira e Rondalla de Cedeira, farase unha homenaxe a Manolito, quen foi veciño da nosa vila e un dos precursores do uso da música polifónica coral na nosa localidade.