Samaín 2019
-
Data
2 Novembro, 2019
-
Hora
12:30 pm - 9:30 pm
-
Paseo da Mariña
Cedeira
Pasiño a pasiño imos facendo o noso camiño, e trinta anos de tallas, sustos e medos, trinta edicións de arte efímera, de veciñas e veciños que acompañan a pequenas e pequenos a unha festa que onte desfrutaron eles. O programa de actividades do día de hoxe nas carpas do paseo da Mariña é o seguinte:
12.30 a 14.00 horas, e de 16.00 a 16.30 horas: inscricións para a gymkana infantil organizada por Aventureros en Galicia e para a Casa do terror (idade ata os 15 anos).
17.00 a 19.30 horas: presentación das cabazas ao concurso.
17.00 horas: saída da gymkana infantil.
17.30 horas: obradoiro de maquillaxe, merendola de outono (requeixo con mel e bola de zucre), e casa do terror.
20.00 horas: premios da gymkana e do concurso de cabazas.
20.30 horas: pasarrúas das pantasmas pola Zona Vella.