Samaín 2019
-
Data
1 Novembro, 2019
-
Hora
5:00 pm - 8:00 pm
-
Paseo da Mariña
Cedeira
Pasiño a pasiño imos facendo o noso camiño, e trinta anos de tallas, sustos e medos, trinta edicións de arte efímera, de veciñas e veciños que acompañan a pequenas e pequenos a unha festa que onte desfrutaron eles. O programa de actividades do día de hoxe nas carpas do paseo da Mariña é o seguinte:
17.00 horas: obradoiro de zonchos e pintura.
19.00 horas: actuación de títeres de cachiporra Dona Barriga Verde con Larraiz Urrutzola.