Programación especial curtametraxes – Mestre Mateo 2024 Sesión2
-
Data
16 Novembro, 2024
-
Hora
8:00 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Sábado 16 de novembro ás 20.00h no Auditorio Municipal.
A programación especial de curtametraxes do Ciclo Mestre Mateo está composta polas curtametraxes finalistas da edición XXII dos Premios Mestre Mateo.
ILLA CORDURA
Sinopse
O fareiro da Illa Cordura queda só cando o seu compañeiro marcha a terra firme. Nunha noite de tormenta topa unha carta. A historia que esta relata e o medo á noite en soidade levarano aos límites da loucura.
Duración: 12 min
Calificación por idades: Todos os públicos
NENA
Sinopse
Unha familia de cinco vese cambaleada pola morte dunha muller: nai, esposa, nora, cuñada… Unha situación que desestrutura o núcleo familiar e deixa a responsabilidade do mesmo a unha nena de doce anos de idade. Un avó curtido noutra época e máis preocupado polos cartos que polo afecto. Un tío cun grande corazón de neno, mais cunha discapacidade intelectual que o converte en dependente nun sinfín de situacións. Un pai destrozado por un loito permanente e refuxiado na bebida como escape á propia realidade. Unha nena. Unha adolescente que acaba por converterse na figura ausente, esa muller piar da unidade familiar, mais con tan só doce anos de idade. Unha nena que, ante a falta de capacidades ao seu redor, asume un rol imposto e leva as súas costas a supervivencia de tres homes. A pasividade destas tres figuras só mudará ante a marcha da adolescente. Un desenlace que deixa desamparados a tres homes baixo un mesmo teito. Un punto de inflexión sobre o que actuar para traela de volta.
Duración: 19 min
Calificación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos.
O MOSTRO E A NENA
Sinopse
Había unha vez un monstro ao que lle doía un corno. O monstro pensou que necesitaba un médico, así que marchou á cidade. Este conto, aínda que está escrito por un neno de 5 anos, trata problemas tan importantes na nosa sociedade como a intolerancia e a incomprensión. Sobre como alguén, neste caso o monstro, causa medo polo simple feito de ser diferente.
Duración: 5 min
Calificación por idades: Todos os públicos
IN HALF
Sinopse
A través da imaxinación dun neno, narra a viaxe dun home que, tras caer presa dos seus medos, debe atravesar un mundo estraño, un universo cheo de maxia, onde se lle presentarán os seus temores e conflitos do pasado e onde terá que atopar solucións para o futuro,co fin de descubrir a súa propia identidade.
Duración: 25 min
Calificación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos.