Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Programación especial curtametraxes – Mestre Mateo 2024 Sesión1

Este evento terminou

Venres 15 de novembro ás 21.00h no Auditorio Municipal. Entrada de balde.

A programación especial de curtametraxes do Ciclo Mestre Mateo está composta polas curtametraxes finalistas da edición XXII dos Premios Mestre Mateo.

ANTES DE QUE SE POÑA O SOL
Sinopse
Nunha reunión familiar catro irmáns teñen que tomar unha decisión e non todos están de acordo.
Duración: 12 min

Calificación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos.

O COIDADO
Sinopse
Eduardo (70) é un home que comeza a ter problemas para coidar de si mesmo. Na súa casa, a que noutro tempo foi a casa familiar, vive só cun androide cuxa única función é mellorar a súa calidade de vida. A través do trato co robot, Eduardo atopa a relación de intimidade que non é quen de afianzar co seu fillo Anxo (30)
Duración: 19 min

Calificación por idades: Todos os públicos

TO BIRD OR NOT TO BIRD
Sinopse
To bird or not to bird, esa é a cuestión. Unha mirada crítica e caleidoscópica do mundo actual contada a través das traxicómicas e esperpénticas vivencias duns paxaros.
Duración: 9 min

Calificación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos.

O NENO SARDIÑA
Sinopse
Nun punto sen determinar do río Miño, ao parecer ao norte de Galicia, un neno-sardiña cruza a corrente deixando atrás a aqueles que celebran o seu enterro co fin do entroido. Descoñécese que provoca a súa transformación, pero din que os ollos máis atentos poden captar de preto a humidade da súa pel. A súa existencia está confirmada polos máis escépticos da zona. Ninguén no lugar ten dúbidas.
Duración: 14 min

Calificación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos.

ULISES
Sinopse
Ulises, que sofre un acusado trastorno psicomotor, está ao coidado do seu irmán. Un día abandona a casa familiar e decide enterrarse vivo. O seu irmán, desesperado, atópao e convénceo para volver, pero xa non sabe que facer para protexelo.
Duración: 25 min
Calificación por idades: Non recomendada para menores de 12 anos.