Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Programa da festa do Samain 2020

Este evento terminou

OBRADOIRO DE COLARES DE ZONCHOS
Cocede unhas castañas con pel, podedes aromatizar a auga con fiúncho, herbas… (preguntádelle á avoa!) e cando arrefríen un pouquiño, xa están listas para facer o colar. Apañade la e agulla e a coser nelas.
Antes gustabamos de ir con elas postas ao pescozo no camiño á praza vella. Así que se podemos saír a dar unha voltiña e ver as cabazas pola rúa, xa teredes algo que botar ao bandullo durante o paseo.

OBRADOIRO DE CABAZAS
Labrade a vosa cabaza ou melón, este ano temos tempo para adicarlle en familia, sacádelle unha foto e mandádenola ás nosas redes sociais (facebook e instagraman de Samaín Cedeira) acompañada do hashtag
#cabazassamain2020

EXPOSICIÓN DE CABAZAS
Colocade as vosas cabazas a rente da casa, onde toda a vila as poida ver. Lembrade iluminalas pola noite!

PASARRÚAS
Saiamos pasear por Cedeira (cumprindo o límite de cinco persoas que temos na actualidade) para ir vendo e admirando todas as cabazas. Sempre con sentidiño e seguindo todas as medidas de seguridade establecidas.