(APRAZADO). Premio Muller do Ano 2020 “Guadi Galego”
-
Data
14 Marzo, 2020
-
Hora
1:00 pm
Hoxe 14 de marzo a Asociación Amas de Casa de Cedeira concederalle o premio Muller da Vila á cantante Guadi Galego.
O acto terá lugar no transcurso dunha comida no restaurante Badulaque e que está aberta á participación das persoas que desexen sumarse á homenaxe público a unha veciña “que se inspira en Cedeira para falar, a través das letras das súas cancións, de mulleres loitadoras, matriarcas, activistas, amorosas e poderosas”.
A asistencia suporá un gasto de 20 euros para as socias e de 23 para o público en xeral. Os interesados xa poden chamar ao número 649 703 998. As prazas son limitadas.