Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Obradoiro de formación en cociñado de peixes e mariscos

Este evento terminou

Hoxe mércores 5 de decembro, de 16.30 h a 21.30 horas na sala Áncora desenvolverase o “Obradoiro de formación en cociñado de peixes e mariscos”.

A entrada é libre, ainda que se require inscrición previa:

  • No teléfono 649 876 614, ou
  • Enviando un correo electrónico a obradoiroscocinamarinaortegal@gmail.com

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal vai a levar a cabo uns obradoiros sobre técnicas de limpeza, desespiñado e cociñado de peixes e mariscos do territorio.

Os obxectivos desta acción son, ademais de darlle visibilidade ao GALP e ás súas axudas, o de dar a coñecer as posibilidades gastronómicas de produtos do noso mar como a pescada, o polbo, a xarda, o salmonete, o rape, berberechos e ameixas ou mesmo o bonito, por citar algúns. Ademais, daranse a coñecer distintas técnicas de limpeza ou desespiñado das especies. Os produtos do agro do propio territorio terán tamén o seu protagonismo nas guarnicións.