Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Música: Uxía Lambona e a Banda Molona Astronauta Sideral

Este evento terminou

Hoxe sábado 1 de agosto ás 20.00 h. na Praza Roxa.

Uxía lambona e a Banda Molona é unha banda musical infantil que nace no ano 2014 e está formada por Pali ao baixo, Ñoc á batería, Diego á gaita e frauta, Serghaño á guitarra, Roscón ao acordeón e Laura “Uxía Lambona” cantando e animando! Ten o obxectivo de facer cantar e bailar “coma toliños” a todos os nenos e nenas, achegándolles a música tradicional galega dun xeito atractivo para eles, cambiando estilos musicáis, letras…, e temas propios sempre en galego. con intervencións cómicas, aparición da Vaca Muxía… entre outras sorpresas!.

A zona de cadeiras estará delimitada con cinta e será obrigatorio o uso de máscara para poder acceder a ela así como durante todo o tempo que alí se permaneza.
As cadeiras estarán separadas gardando a distancia de seguridade obrigatoria e non se permitirá que se xunten entre aquelas persoas que non sexan convivintes, polo que recomendamos que as nenas e nenos veñan acompañados dun adulto para non permanecer sos nas súas ubicacións.