Lugnasad de Cedeira 2019
-
Data
30 Agosto, 2019
-
Hora
9:00 pm
A inscrición, que é gratuíta, pode levarse a cabo a través da oficina de turismo (Tlf: 981 482 187) ou no teléfono 608 292 186. É condición indispensable que os noivos veñan vestidos de época.
O programa dará comezo co anuncio da festa, que correrá a cargo dunha parella e que arrancará pasadas as nove da tarde. Despois, a partir das 23.00 horas, celebrarase a Noite dos Druídas, que dará lugar a un encontro de druídas de diferentes clans e que rematará coa tradicional queimada. A actuación do grupo Farrapos da Ghaita porá punto final á primeira xornada do Lugnasad 2019.