Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Lugnasad de Cedeira 2019

Este evento terminou

Coa celebración do desfile das parellas desde o entorno da praia da Madalena ata a praza Roxa darán comezo os actos previstos para hoxe. A presentación dos noivos producirase pasadas as doce do mediodía, e pola tarde, a partir das cinco, haberá xogos para que os nenos e nenas tamén participen da festa.

As cerimonias de casamento terán como escenario o litoral marítimo, serán oficiadas por Manuel Aneiros -promotor da festa- e arrancarán pasadas as 23.30 horas. A continuación, haberá unha cea de época para festexar as unións e un concerto, que estará a cargo do grupo Airoa.