Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

(APRAZADO). Fran Sieira – Compañía de danza – EntreSoños

Este evento terminou

Hoxe sábado 18 de abril ás 20:00 h no Auditorio Municipal.

Que é EntreSoños?

Ese Soño que me invade cada noite facéndome crer algo que non son, pero que podería chegar a ser… e á vez o medo e a incertidume que me dominan e fanme voltar a ese estado de consciencia que me dí que non é máis ca un Soño e que non deixará de ser nunca máis ca iso….

Dentro do meu soño teño ledicia, total liberdade de expresión e movemento. Non importa con quen, para quen, de que xeito e donde. Só importa a música e o movemento que o meu corpo xenera ao sentila.

É o meu Soño, só mando eu. Dentro del non hai medos nin complexos. No Soño podo facer voar a miña imaxinación a límites insospeitados, limites inalcanzables para min ao despertar cada mañá de esa cama. No meu Soño podo bailar como eu sei, exprimindo o máis pequeño anaco de creatividade sen medos nin prexuizos porque é o meu Soño. A miña obra que cada noite me invade, apoderándose da miña inconsciencia e facéndome vivir o que fora desa cama non me atrevo a amosar.

EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores/cantadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro de un marco escénico diseñado por Vanesa Hernández (escenografía) e Luis Perdiguero ( iluminación), e vestiario deseñado por Alessio Meloni, e dende unha visión contemporánea a través dos ollos do director artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo).

Deste xeito poderemos ver en escea a figura dunha persoa deitada como si nunha cama se tratase inmersa nun profundo soño. Pero lonxe de conseguilo é invadida por milleiros de pensamentos e inquietudes. Dentro dos seus soños cobra vida esa valentía por conseguir todo o que se propoña, pero tamén ás súas debilidades, medos e frustraccións. Unha loita por alcanzar ou dar vida a eses soños que nunca puido ou se atreveu a levar a cabo, á vez que os medos e inseguridades o invaden decindolle que non son máis que soños que desaparecerán cando desperté da súa cama…

Esta persoaxe deixarase levar por ese duende malo que lle dí que se lance ao abismo, que sexa valente e que faga o que o corazón lle pida, pero que a súa consciencia lle impide, e ao mesmo tempo loitará e/ou deixarase guiar por esa voz da templanza, da tranquilidade, esa voz que lle fai ser consciente de que non son máis que soños e non poderán ser máis ca iso.

Escenificando deste xeito encrucilladas nas que cada un de nós nos vimos envoltos nalgún momento das nosas vidas. Esas gañas por perseguir os nosos soños e inquietudes e esos medos que nos paralizan e non nos deixan avanzar…

FRAN SIEIRA

Bailador dende os 8 anos (no 1990) na escola do Grupo de Baile e Música tradicional Tahúme de Riveira, a partires do ano 1997 comeza a súa andaina como bailador titular deste mesmo grupo e xa no ano 2003 consolida a súa formación como bailador dentro do corpo bailadores do Grupo para a recuperación de Bailes, Músicas e Cantares tradicionais da A.C.F O Fiadeiro de Vigo, e ademáis neste mesmo ano asume a dirección artística do Grupo de Baile e Música tradicional Tahúme. Do ano 2004 ao 2009 pasa a formar parte do equipo de monitores da escola da A.C.F. O Fiadeiro como mestre de baile tradicional. No 2009 nace a Asociación Cultural Traspés na que asume a súa dirección artística.

Dentro da súa experiencia cabe destacar a de bailador do espetáculo “Isolma” da compañía de baileGS21 no ano 2007. A de bailador do espectáculo “Alén da Croa” da compañía Quique Peón e Cía no ano 2012. E a de bailador do espectáculo “Son” desde o ano 2016 na compañía Nova Galega de Danza.

XISCO FEIJOÓ

Mestre na Escola de Música Folk e Tradicional do Concello de Vigo ETrad.
Exdirector do Grupo para a recuperación de Bailes, Músicas e Cantares Tradicionais O Fiadeiro.
Coordinador da sección de canto e coreógrafo na Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu.

Vocalista, percusionista e bailador nas xiras de presentación dos discos“Volta” e “Sotaque” do gaiteiroXosé Manuel Budiño.

Vocalista dePepe Vaamonde Grupo.

Actualmente está a xirar con “Son” último espectáculo de Nova Galega de Danza.
Xurado do concurso “Punta tacón” 2013 e “Vai de Baile” 2017 e 2018 do programa “Luar” da Tvg.

AIDA TARRÍO

Dentro da súa formación actualmente cursa terceiro ano de carreira do Grao Profesional de Historia da Arte na USC, e cursa clases de canto e música na escola 5ª Sinfonía coa profesora María José Couceiro Blanco. Tamén cabe destacar na súa formación a Master class de canto lírico impartida pola soprano Carmen Durán e un curso intensivo de percusión e canto tradicional impartido polo artista galego Xabier Díaz.

Actualmente é profesora de pandeireta e baile tradicional no Grupo de baile e música tradicionalTahúme e profesora de pandeireta na Asociación Amas de Casa de Ribeira.

É compoñente do grupo de Música Tradicional/Folk Tanxugueiras. Grupo cunha andaina dun ano e medio que foi participe de festivais nacionais e internacionais como Celtic Connections (Escocia, Glasgow), Feltival do Mundo Celta de Ortigueira (Galicia) ou o Festival Feito a Man (Galicia) entre outros. Colaboracións con artístas como Uxía Senlle (no concerto coa Real Philarmonía de Galicia), Xabier Díaz ou o grupo escoces Shooglenifty, entre outros. Nominados tamén aos Premios Martín Códax da Música na categoría de Música Tradicional nos anos 2017 e 2018.