Exposición de Fotografía “Nós tamén fomos emigrantes”
-
Data
22 Outubro, 2020
-
Hora
9:00 am
-
Palacete municipal
Avda. Castelao, s/n - 15350 - Cedeira (A Coruña)
Do 22 de outubro ao 21 de novembro 2020 na sala de exposicións do Palacete Municipal (Avda. Castelao, 18 – Cedeira (A Coruña)).
Horario: Luns a venres 9.00 a 14.00 e sábados 11.00 a 14.00 h. (en outubro tamén tardes 17.00 a 19.00 h), luns pola tarde pechado.
Esta mostra recolle unha escolma de imaxes dos arquivos da Axencia EFE que posúe un dos fondos fotográficos máis importantes de España sobre a emigración galega e española. Son retratos próximos que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais e tamén de avós e avoas, que abandonaron a súa terra na procura dun futuro mellor.
«A esencia dun fotógrafo é estar no lugar onde se produce a nova. Un dos grandes da fotografía xornalística, Robert Capa, que foi correspondente de guerra en moitas frontes e acabou morrendo ao pisar unha mina en Indochina, dicía que cando a foto non é boa é porque o fotógrafo non estaba preto dabondo. A exposición preséntanos, en branco e negro, unha síntese das nosas emigracións plasmada por fotoxornalistas de EFE. É a historia de milleiros de persoas que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir. Son os anos cincuenta, sesenta, décadas de fame, de subdesenvolvemento, de falta de liberdade, mais tamén de construción, de aforrar a peseta para un arelado retorno».
Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE de 1996 a 2004