Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Espectáculo “Entresoños”

Este evento terminou

Hoxe sábado 10 de outubro, ás 20.00 h., retomamos a actividade no Auditorio Municipal co espectáculo “Entresoños” de Fran Sieira, incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

As entradas poden reservarse a través de:
  • teléfono 649 876 614 de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 h.
  • correo electrónico enrique.vazquez@cedeira.gal ata o venres 9 ás 14.00 h..

O custo da entrada é de 3,5 € que farase efectivo o mesmo día á recepción das entradas no auditorio.

As localidades que queden libres, unha vez cubertas as reservas, iranse ocupando por orde de chegada. Poderanse sentar xuntas aquelas persoas que sexan convivintes e gardarase a distancia de seguridade co resto de localidades ocupadas, manténdonos durante toda a actuación na localidade que nos fora asignada.
O uso de máscara é obrigatorio durante todo o espectáculo.