Doazón de sangue en Cedeira
-
Data
12 Agosto, 2020
-
Hora
10:00 am - 9:00 pm
Hoxe mércores 12 de agosto, de 10:00 a 14:00h e 16.00 h a 21.00 horas na parada de bus da Praza de Galicia, atoparase a unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos dispoñible para todos os veciños e veciñas que estean interesados en doar sangue ou informarse de como facelo.
- Súmate se tes entre 18 e 65 anos e pesas máis de 50 quilos (persoal sanitario revisará a túa saúde antes da doazón e utilizará material estéril dun só uso).
- Non esquezas traer o teu DNI.
- Non acudas sen almorzar e despois de xantar espera 2 horas.
- Informa ao médico se estás a tomar algún medicamento.
Máis información:
Web: http://ados.sergas.es
Twitter: @doadoressangue
Facebook: https://www.facebook.com/doadoressangue