Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Concerto Guadi Galego “Costuras”

Este evento terminou

Hoxe luns 26 xullo ás 22:30h na praza da Revolta.

O recinto estará perimetrado con vallas e cinta e o acceso ao mesmo poderá facerse con reserva previa.

ENTRADAS ESGOTADAS

Contaremos con 500 cadeiras que se irán asignando por orde de chegada.
A entrada será subvencionada íntegramente polo concello

Costuras aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é.

Tres colaboracións compoñen o disco, dúas poetas Antía Otero e Marina Oural e unha cantante, a catalá Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis orgánica.