Concerto de Santa Icía da Banda de Música Vila de Cedeira
-
Data
23 Novembro, 2019
-
Hora
8:00 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Hoxe sábado 23 de novembro ás 20.00 h.
Será a primeira actuación que a formación musical dará tras acadar o segundo premio, Terceira Sección, do XIII Certame Galego de Bandas de Música celebrado hai uns días en Santiago de Compostela.
O concurso, impulsado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares en colaboración coa Xunta de Galicia, reuniu a un total de 1.300 músicos entre as cinco categorías habilitadas: Infantil (ata 14 anos); Xuvenil (ata 20 anos); Terceira Sección (ata 50 músicos); Segunda Sección (ata 70 músicos); e Primeira Sección (de 71 compoñentes en adiante).
Un total de 45 músicos integran agora a banda Vila de Cedeira que, desde hai cinco anos, actúa baixo a dirección de Mateo Naval.
Entrada gratuíta