Cine -película Eroski Paraíso-
-
Data
4 Xullo, 2020
-
Hora
9:45 pm
Hoxe sábado 4 de xullo, ás 22.45 h. proxección da película Eroski Paraíso na Praza Roxa, dentro do programa Visións da rede cultural da Deputación da Coruña.
As cadeiras irán ocupándose por orde de chegada, gardando as distancias estipuladas na actualidade. Aquelas persoas que convivan xuntas poderán sentarse sen gardar distancia e, quen así o queira, poderá traer a súa propia cadeira.
O uso de máscara é obrigatorio na chegada e saída, e se poderá retirar unha vez se ocupe a cadeira.