Ciclo de Teatro Amador “Chicago”
-
Data
26 Outubro, 2019
-
Hora
8:00 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
Hoxe no auditorio municipal ás 20:00h o grupo de teatro Ultreia de Ortigueira presenta “Chicago”
Entrada 2 €
Organiza: Teatro da Vila
Colaboran: Concello de Cedeira – Deputación da Coruña
CHICAGO
Con música de John Kander, letras de Fred Ebb e libreto de Bob Fosse, o musical CHICAGO está ambientado na cidade norteamericana de Chicago durante a época da lei seca dos anos 20.
Conta a historia de Roxie Hart, unha actriz aparentemente inocente que traizoa ao seu marido Amos e soña con que o baile e a música lle permitan deixar a súa vida aburrida e humilde e seguir os dourados pasos da admirada artista de vaudeville Velma Kelly. Roxie consegue o seu soño cando algúns actos equivocados van acabar coas dúas artistas na cadea, ambas acusadas de dous asasinatos. Alí, na cadea, baixo os coidados da garda Morton, Roxie reúnese co corrupto e afamado abogado Billy Flynn, que acepta o caso da defensa de Roxie a cambio dunha suma importante de diñeiro.
A produción orixinal de Broadway do musical CHICAGO estreouse en 1975 e aínda percorre os escenarios mais importantes do mundo. A obra é unha crítica incisiva e ácida á corrupción do sistema xudicial e político, polo que súa vixencia segue a remover as conciencias máis críticas do público.
ULTREIA
Fórmase no ano 2012 no marco dunhas actividades que organiza o Concello de Ortigueira para honrar a memoria do ilustre veciño de Mera, Antonio Rivera Losada, no 10º aniversario do seu pasamento.
ULTREIA ten vocación de servizo público polo que, desexando que participen nesta actividade todas as persoas que queiran, incorpora, mediante convocatoria pública, aos veciños e veciñas que o solicitan, formándose así este grupo de teatro.
ULTREIA forma parte da Asociación Cultural FARÁNDULA que, con ésta e outras propostas, dinamiza a vida artística e cultural da Comarca do Ortegal.
VELMA KELLY.
ROXIE HART.
BILLY FLYNN.
MAMA MORTON.
AMOS HART.
FRED CASELY.
KITTY.
HUNYAK.
HARRY.
MARI SUNSHINE…….Víctor Díaz Cornide
XUÍZ.
TÉCNICOS LUCES/SON
César Yáñez, Elixio C. Silvent
CARTEL
María Pedre Piñón
ESCENOGRAFÍA
Miguel A. García Fustes, Elixio C. Silvent
FOTOGRAFÍA
Laura Pedre Piñón
VESTIARIO
Rosi Ríos Quintás, Marta López Periago, María Piñón García.
EDICIÓN MUSICAL
Elixio C. Silvent
DIRECCIÓN MUSICAL
Almudena Martínez Gálvez
TRADUCIÓN E ADAPTACIÓN
Elixio C. Silvent
AXUDANTE DE DIRECCIÓN
Almudena Martínez Gálvez
DIRECCIÓN
Elixio César Silvent