Ciclo de Teatro Amador – “Falsas denuncias”
-
Data
5 Outubro, 2019
-
Hora
8:00 pm - 10:00 pm
-
Auditorio Municipal
Rúa María Mediadora esquina rúa Convento - Cedeira
No Auditorio Municipal ás 20.00 horas, Teatro Semente de Neda presenta a súa obra “Falsas denuncias” dentro do Ciclo de Teatro Amador , que organiza Teatro da Vila e a AAVV de Piñeiro.
Falsas Denuncias é unha obra que trata sobre a violencia de xénero; unha obra que se interrompe por momentos para que un grupo de víctimas doutros tempos animen, critiquen e reflexionen sobre o pasado, o presente e o futuro da muller; sobre a xustiza, os métodos e os veredictos; sobre a utilización do berro como forma de comunicación; sobre o fogar, cando nel a convivencia non é sa, e sobre a liberdade e a igualdade, porque a vida non é vida se non somos iguais.
Entrada: 2 euros.
Público: obra recomendada para maiores de 16 anos.