Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Cabalgata de reis 2019

Este evento terminou

Chega o 5 de xaneiro, e con el os Reis Magos de Oriente. A partir das 18.00 h. os Reis Magos visitarán Cedeira facendo un percorrido nas súas carrozas. Ao finalizar realizarase unha recepción no Palacete Municipal, e no pavillón do CEIP Nicolás del Río haberá chocolatada para que as pequenas e pequenos se preparen para a súa noite máis máxica.

Colaboran: Buxainas, Aturuxeiras, ANPA Picapeixe, Asoc. Amas de Casa de Cedeira, GADIS, Muebles y Carpintería García, Protección Civil de Cedeira e Concello de Cedeira.