Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

(APRAZADO). A Xanela do Maxín – A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza

Este evento terminou

Hoxe sábado 28 de marzo ás 20:00 h no Auditorio Municipal. Entrada 2,5€ .

A toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento.

Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre… acompañada do granxeiro e a unha rapaza recén chegada da cidade, que a queren axudar.

Unha obra moi participativa, simpática e escatolóxica que provoca gargalladas e fai que os espectadores empaten coa toupiña, ferida no seu orgullo.

Nenas e maiores terán, con esta historia, a visión dun tema tan natural como a vida mesma e que, sen embargo, non sempre aparece en escena