Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

El Concello transmite sus quejas a medio rural por no ser invitado a plantación

Cedeira, 20 de marzo de 2017

O goberno municipal de Cedeira queremos manifestar o noso malestar con respecto á xestión desenvolvida pola súa consellería no que se refire a súa visita o luns 20 de marzo de 2017, para a conmemoración do día internacional dos bosques.

A consellería, como administración institucional que forma parte do organigrama da Xunta de Galicia, cando realiza unha visita institucional entendemos que o mínimo que debe de facer é ponerse en contacto coa entidade tamén institucional que é o concello e cando menos facelo partícipe do acto a desenvolver. Porque o que non vaia neste sentido pódese interpretar non como un acto institucional senón como “propaganda política”. Sen olvidar que para este grupo de gobernó sería moi relevante aproveitar a súa visita para poder tratar distintos asuntos que neste momento preocupan á nosa veciñanza: o saneamento das vacas da Capelada, a xestión da crise da pataca (o Concello de Cedeira temos a calificación de zona tampón) ou o pésimo estado das pistas da Capelada, amañadas hai menos dun ano e deterioradas dous meses despois de que remataran as obras.

Tamén temos que queixarnos do lamentable trato recibido por parte da comunidade educativa cedeiresa, Mestres, país e alumnado, aos que se lles fai unha convocatoria urxentísima e tramitada durante a fin de semana, anúnciaselles a súa visita un venres coa pretensión de que enchan un autobús de escolares que a acompañen, os país e nais vence na obriga de asinar as preceptivas autorizacións o luns ás 9 da mañá e de levar aos nenos e nenas coa vestimenta axeitada para a excursión, para que ao fin non apareza ningún autobús, nin haxa ninguna comunicación nin á escola nin ao Concello sobre si a visita se fixo ou non.

Semellante cúmulo de despropósitos e con tantas institucións e persoas afectadas, nomeadamente o alumnado preparado para a saída, cremos que merece alguna desculpa pola súa parte e que feitos deste tipo non se repitan no futuro.

Atentamente

O Alcalde-Presidente do Concello de Cedeira

Pablo Moreda Gil

CONCELLEIRA DE MEDIO RURAL