Dous auxiliares de policía completan a plantilla de axentes locais durante o verán
DOUS AUXILIARES DE POLICÍA COMPLETAN A PLANTILLA DE AXENTES LOCAIS DURANTE O VERÁN
Dous auxiliares de policía completan este verán a plantilla de axentes locais de Cedeira, composta por un total de cinco persoas. Estes traballadores temporais cobren a baixa dun compañeiro e garanten as vacacións doutro, ademais de permitir a aplicación dun dispositivo especial de vixilancia durante as festas patronais que darán comezo o día 11 do presente mes. Segundo informou o xefe de policía, Alberto Díaz, un axente e un auxiliar ocuparanse de velar polo benestar dos veciños e das moitas persoas que se achegan á vila para gozar da súa semana máis festeira do ano. Os auxiliares terminan o contrato o día 31 de setembro.