Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Dá comezo a obra de construcción de novos tramos de beirarrúas na avenida Zumalacárregui

DÁ COMEZO A OBRA DE CONSTRUCIÓN DE NOVOS TRAMOS DE BEIRARRÚAS NA AVENIDA ZUMALACÁRREGUI

Esta semana deu comenzo a obra de reparación e construción dun total de seis tramos de beirarrúas na avenida Zumalacárregui de Cedeira. A actuación, financiada integramente pola Deputación da Coruña -a rúa é da súa competencia (Dp-2204)-, responde á demanda formulada polo goberno local para mellorar a seguridade viaria dunha estrada que serve de enlace entre o centro urbano e o polígono industrial da Xunqueira.

O prazo de execución da obra é dun mes e os traballos consistirán na construción de beirarúas nos cinco tramos que agora carecen delas e na reparación dun sexto no que só haberá que repoñer o pavimento polo mal estado que presenta o actual.

Os novos tramos estarán formados por 15 centímetros de zahorra artificial e 10 de hormigón, e rematados por baldosa hidráulica antideslizante de cor gris. Na intervención tamén está prevista a instalación ou reposición de bordos. A inversión ronda os 9.500 euros e a realización da obra corre a cargo da constructora Concifa SL.