Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Costas xa enviou a Madrid os pregos do estudio ambiental e do proxecto construtivo para a rexeneración ambiental da Madalena

COSTAS XA ENVIOU A MADRID OS PREGOS DO ESTUDIO AMBIENTAL E DO PROXECTO CONSTRUTIVO PARA A REXENERACIÓN AMBIENTAL DA MADALENA

A Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira mantivo esta semana unha nova reunión de traballo co xefe da Demarcación de Costas en Galicia, Rafael Eimil, co fin de avanzar na recuperación da praia da Madalena e na rexeneraciónción integral da ría.

O alcalde, Pablo Moreda Gil, e máis o concelleiro de Medio Ambiente, Camilo Casal, foron os interlocutores e, como resultado do encontro, cabe destacar que Costas xa fixo os deberes con respecto á elaboración dos pregos do estudo de impacto ambiental e máis do proxecto construtivo para a rexeneración ambiental do areal. Eimil confirmou que ambos os dous traballos xa foron enviados ao Ministerio de Medio Ambiente e que a día de hoxe só están pendentes da aprobación dos orzamentos xerais do Estado para súa execución.

E como dato relevante, o xefe da Demarcación de Costas apuntou que as actuacións previstas para Cedeira superan en 133.000 euros o traballos realizados para mitigar os problemas da ría do Burgo, na Coruña.

Desde os departamento que dirixe Rafael Eimil tamén se ve con bos ollos a participación da Plataforma tanto no proxecto construtivo como no estudo de impacto ambiental. Tamén se contempla a posibilidade de que o alcalde de Cedeira viaxe a Madrid, as veces que sexan necesarias, para explicar a problemática da praia “en primeira voz”. Moreda viaxaría na compaña de Rafael Eimil. Os representantes municipais agradecen a Costas o seu compromiso co colectivo “pois ambas entidades teñen o mesmo obxetivo que é conquerir unha solución para os problemas que ten o areal da Madalena”

Unha problemática que pasa, segundo a plataforma, pola redacción dun proxecto construtivo que ten que contemplar a restauración da praia e traspraia, dende a beira definida polo nivel inferior da preamar en mareas mortas (LHWN) ata o paseo marítimo, e o cribado do material que se usou en pasados recheos para recuperar a súa calidade orixinal.

A plataforma considera tamén esencial evitar a manipulación da duna actual para evitar a perda da fracción boa da area orixinal que aínda queda na praia, alomenos mentres non se dispoña do proxecto construtivo conforme ao estudo de impacto ambiental preceptivo. Os contidos desta diagnose están recollidos no documento elaborado pola plataforma e entregado esta mesma semana a Rafael Eimil durante a reunión celebrada na Coruña.