Convocatoria de probas para obter os CELGA
CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTER OS CELGA
No DOG Núm. 66 do 4 de abril de 2017
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (niveis Celga 1, 2, 3 e 4) no ano 2017. As probas realizaranse o 10 de xuño (Celga 4), 11 de xuño (Celga 2), 17 de xuño (Celga 3) e 18 de xuño (Celga 1) en Santiago de Compostela e Ponferrada. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta.