Concello e confradía reúnen o luns aos hostaleiros para falar dun posible concurso de tapas na festa da pescada
CONCELLO E CONFRARÍA REÚNEN O LUNS AOS HOSTALEIROS PARA FALAR DUN POSIBLE CONCURSO DE TAPAS NA FESTA DA PESCADA
Todos os hostaleiros de Cedeira están invitados a participar na reunión convocada polo Concello e máis a Confraría de Cedeira para falar da posibilidade de celebrar un concurso de tapas con motivo da festa da pescada que se está a organizar para próximas datas. A reunión terá lugar o vindeiro luns, a partir das 10.30 horas, nas instalacións do pósito cedeirés.
A fin de contar coa máxima participación posible, os convocantes enviaron hoxe mesmo unha carta a todos os donos de negocios de hostalaría da vila, así como á Asociación de Comerciantes do Casco Antigo, segundo explicou a primeira tenente alcalde e responsable do área de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez.