Comezan as obras de ampliación das beirarrúas na avenida Castelao
COMEZAN AN OBRAS DE AMPLIACIÓN DAS BEIRARRÚAS NA AVENIDA CASTELAO
Co comezo esta mesma semana das obras de ampliación e mellora das beirarrúas da avenida Castelao o goberno de Cedeira cumpre un dos seus compromisos electorais, mellorar a accesibilidade e apostar polo comercio local como fonte de vida e riqueza para a localidade e os seus habitantes.
A obra que agora empeza consiste en ensanchar a estrutura peonil ata os 4,10 metros, na maioría dos tramos, cando na actualidade é de 2,60 metros, así como na eliminación de barreiras arquitectónicas para favorecer o tránsito das persoas con mobilidade reducida ou que necesitan cadeiras de rodas.
A idea do equipo de goberno pasa por trasladar este tipo de actuacións a outros puntos da localidade, aproveitando tamén o estado que presentan algúns dos tramos.
O alcalde, Pablo Moreda Gil, salientou os beneficios que se derivarán da intervención, non só no que a mobilidade se refiere, senón tamén para os negocios situados ao longo dunha das principais vías de acceso á vila cedeiresa.
O proxecto, que espertou o interese de catro empresas, está sendo finalmente executado pola empresa Construcciones Guerreiro Somozas SL, que presentó a oferta máis vantaxosa. O acordo firmouse por un total de 20.236,52 euros (IVA incluído).
A intervención ten un prazo de execución de tres semanas. O inicio da obra implica a demolición tanto do pavimento como dos freos actuais. A continuación, a empresa acometerá a ampliación e mellora dunhas beirarrúas, do que finalmente serán 220 metros cadrados de plataforma peonil e un total de 66 metros liñales de freo.