Comenzan as xornadas de seguridade vial no colexio Nicolás del río de Cedeira
COMEZAN AS XORNADAS DE SEGURIDADE VIAL NO COLEXIO NICOLÁS DEL RÍO DE CEDEIRA
Os alumnos de cuatro e quinto de Primaria do colexio Nicolás del Río de Cedeira foron os primeiros en participar nas xornadas de Seguridade Vial organizadas polo Concello coa colaboración do equipo de Seguridade Vial do Concello de Narón. A iniciativa, na que tomarán parte a totalidade do alumnado do centro (453 rapaces), terá continuidade os próximos días con actividades específicas para cada segmento de idade.
Hoxe mesmo mentres que os nenos de Primaria (de 9 a 11 anos) facían uso do circuíto habilitado no recinto escolar, os máis pequenos asistían, pasadas as doce e media do mediodía, a unha sesión de contacontos. En ambos os dous casos, o obxectivo era o mesmo: “que os pequenos tomen contacto e aprendan a circular como peóns e futuros condutores” segundo explicou o concelleiro de Educación, Robustiano Labraña.
Este aprendizaxe soportase nun completo circuíto que instalado no recinto escolar que permite demostrar aos máis novos como se deben respectar a señais de tráfico, o uso correcto do cinto de seguridade e a circular como peón ou condutor de bicicleta. Coches de pedais, bicicletas, señais verticais, entre outros equipamientos, axudan aos rapaces a meterse nun papel que afectan á convivencia de todos.
O punto de partida desta convocatoria arrancou a pasada semana coa celebración de charlas informativas e o reparto de material cedido pola Fundación Mapfre por parte da Policía Local. Todas as actividades se levarán a cabo en horario lectivo. Neste sentido, Robustiano Labraña señalou que “a iniciativa responde á necesidade de suplir a falla de materias que agora non están contempladas na educación reglada”.