Cedeira promoverá unha plataforma cidadá si non hai melloras no viario a Valdoviño
CEDEIRA PROMOVERÁ UNHA PLATAFORMA CIDADÁ SI NON HAI MELLORAS NO VIARIO A VALDOVIÑO
A preocupación continúa ao volante no tramo da estrada AC-566 que une Valdoviño e Cedeira. Sobre todo nos últimos meses, as imaxes dos vehículos envorcados a un costado da calzada convertéronse en habituais. O treito da Ladeira, no que se contabilizan máis dunha vintena de curvas en só 2,5 quilómetros, continúa sendo o de maior problemática.
Por iso, desde o Concello de Cedeira trasladan que continúan á espera dunha reunión coa conselleira de Infraestruturas. Si a conclusión extraída non é positiva, a previsión é de que naza unha plataforma, similar á xa creada para a defensa da ría, para reivindicar melloras na vía. «Estamos molestos porque segue nun estado lamentable, cada vez está máis abandonada todo son escusas por parte da Xunta», comenta o rexedor de Cedeira, Pablo Moreda.
Non é tan drástico o de Valdoviño, Alberto González, quen asegura que ten coñecemento de que os técnicos autonómicos «están a tratar de buscar a causa dos últimos sinistros».
O rexedor valdoviñés sinala a curva da antiga canteira como a que está a dar maiores preocupacións: «Non fai tanto houbo algunhas remodelacións, pero algo está a pasar». Os condutores criticaban fai varios meses que a pintura da zona apenas era visible, algo que segue ocorrendo na actualidade. «Segue sen estar pintada e cando chove, apenas se ve nada», apunta Moreda.
Na súa opinión, despois de ter revisado os Orzamentos da Xunta para este 2017, cre que ao non aparecer ningunha medida de mantemento na AC-566, «o tema pode ir para largo». Por iso, «para que se poida conseguir», crearíase a citada plataforma, que estaría formada por todas as agrupacións políticas e asociacións que desexasen formar parte da mesma.
«Teñen os seus tempos»
Pola súa banda, o alcalde de Valdoviño considera, ante todo, que «non se deben xerar alarmas». «Sabemos que están a levar a cabo as probas técnicas e que, obviamente, todo ten os seus tempo», sinala. Por iso, pide calma para coñecer a solución máis adecuada que «deberán trasladar os enxeñeiros».
Moreda agarda que se celebre pronto a reunión na consellería, que solicitaron de novo para mediados deste mes. Nunha vía por circúlana numerosos vehículos tanto no inverno como no verán, define como a situación de , «gran relevancia en cuestión de saúde e seguridade»ademais de para o turismo.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Cedeira promoverá unha plataforma cidadá si non hai melloras no viario a Valdoviño