Cedeira pide ao Sergas que incremente o número de médicos cara ás xornadas festivas do mes de agosto
CEDEIRA PIDE AO SERGAS QUE INCREMENTE O NÚMERO DE MÉDICOS CARA ÁS XORNADAS FESTIVAS DO MES DE AGOSTO
O Concello de Cedeira demanda do Sergas que reforce o cadro médico no centro de saúde local cara ás xornadas festivas que están por vir, especialmente as dos 14 e 15 de agosto. Os responsables municipais aducen que se produce un considerable incremento de poboación durante as xornadas festivas e consideran insuficiente que o número de facultativos quede reducido a un cando a demanda de atención médica pode chegar a ser moito maior.
Esta situación tamén se produce no caso da área de pediatría. O periodo de vacacións que agora desfruta o especialista titular está a limitar a dous días á semana o número de consultas -as cobre a pediatra de Valdoviño-, unha previsión totalmente insuficiente dado que a poboación da vila medra ata case dobrar á permanente tamén no que se refiere aos nenos.
Desde o executivo local enténdese que ao igual que o Concello adapta os servizos á afluencia de visitantes así tamén o Sergas debería tener en conta esta situación puntual para garantir o acceso á sanidade pública a todas as persoas que a necesiten e non actuar precisamente de maneira contraria.