Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira «descálzase» pola música en directo

CEDEIRA «DESCÁLZASE» POLA MÚSICA EN DIRECTO

DakiDarría, os creadores do tema Terra que xa é considerado por moitos un himno, encabezan o cartel da terceira edición do «Discalzos polo festival» xunto a Señor Non. O mellor ska, reggae, rock e punk reunirase na Praza da Revolta, en Cedeira, durante esta fin de semana.

Mañá, venres tocarán Señor Non, The Artificieiros, Rockers Go To Hell, C.PierNO e Klute. Ao día seguinte, sábado, sairán ao escenario DakiDarría, Harmónica Creams, Hell Buckers, Vos Benignos e Böj, entre outros. Para a comodidade dos usuarios habilitarase unha zona de acampada gratuíta a quince minutos andando da zona do festival. Tamén haberá durante o día actividades para nenos.

Este concerto organízao a Asociación Cultural Discalzos, en colaboración con Reale Seguros, o Concello de Cedeira, a Deputación e Estrella Galicia.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Cedeira «descálzase» pola música en directo