Cedeira celebrou o Día da Patria Galega cun acto institucional diante da Casa do Concello
CEDEIRA CELEBROU O DÍA DA PATRIA GALEGA CUN ACTO INSTITUCIONAL DIANTE DA CASA DO CONCELLO
O Día da Patria Galega deu lugar hoxe á celebración dun acto institucional diante do Concello de Cedeira. A primeira tenente de alcalde, María Xosé Rodríguez Pérez, foi a encargada de dar lectura a unha declaración na que afirmou que “hoxe é un día para celebrar e reivindicar a nosa identidade como país, cunha historia, cultura e lingua propias”. A concelleira tamén fixo mención á orixe da conmemoración, que xurde en 1919 por iniciativa das Irmandades da Fala, para despois citar o poema de Manuel María que di: “Galicia é o que vemos, a terra, o mar, o vento, pero hai outra Galicia que vai no sentimento”.
As interpretacións de algunas pezas musicais a cargo dun grupo tradicional e máis do himno galego por parte de todos os asistentes, ademais da actuación en solitario de Robustiano Labraña -concelleiro de Anova-, puxeron o broche a unha celebración que deu comezo á unha da tarde e que tivo como escenario o patio dianteiro da Casa do Concello.