Cedeira busca voluntarios para retirar lixo do río o sábado
CEDEIRA BUSCA VOLUNTARIOS PARA RETIRAR LIXO DO RÍO O SÁBADO
O Concello e Amigos dos Ríos de Cedeira convidan os veciños a sumarse á actuación prevista para mañá no río, entre a ponte vella e o de madeira. Recollerán o lixo e outros elementos contaminantes da canle, «sen remover nin retirar sedimentos», precisa o edil de Medio Ambiente, Camilo Casal. Con esta acción simbólica buscan, sobre todo, concienciar sobre o coidado de medio ambiente. Sairán da estación de bombeo ás 11.00 horas.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Cedeira busca voluntarios para retirar lixo do río o sábado