Cedeira aposta pola xeoloxía como recurso turístico sostible da man de Ribadeo e Burela
CEDEIRA APOSTA POLA XEOLOXÍA COMO RECURSO TURÍSTICO SOSTIBLE DA MAN DE RIBADEO E BURELA
O proxecto conxunta inclúe a creación dun portal web e unha aplicación para dispositivos móbiles.
A xeoloxía como recurso turístico sostible constitúe o eixo do proxecto Entre Arcos e Cantís, impulsado polo Concello de Cedeira, en colaboración cos municipios mariñáns de Ribadeo e Burela. Os tres concellos conseguiron que o Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal achegue 118.991 euros, case o 80 % do orzamento. O resto do financiamento, ata alcanzar os 149.808 euros, corre a cargo das administracións locais.
Parte das accións previstas levarán a cabo de forma conxunta, como o desenvolvemento, os contidos, o deseño e o mantemento dun portal web e dunha aplicación para dispositivos móbiles; ou a creación e a edición de catro audiovisuais. Outras actividades competen de xeito exclusivo a cada concello, como o desenvolvemento de catro itinerarios interpretados (ou georutas), o material didáctico e formativo específico de cada territorio ou as unidades didácticas. Neste último caso, tratarán de unificar os contidos, segundo indica a primeira tenente de alcalde de Cedeira, María Xosé Rodríguez (BNG).
Parte do traballo xa se executou en 2016, aínda que o groso da actividade levará a cabo nos próximos meses. Ás accións de divulgación, o inventariado e a realización de guías ou a estratexia e as campañas de difusión en redes sociais, súmase un programa de visitas guiadas para centros escolares e o programa Terra Viva, no que Cedeira incluirá rutas fluviais.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Cedeira aposta pola xeoloxía como recurso turístico sostible da man de Ribadeo e Burela