Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira acolle un partido da pretemporada de fútbol sala

CEDEIRA ACOLLE UN PARTIDO DA PRETEMPORADA DE FÚTBOL SALA

A vila de Cedeira acollerá este sábado un partido de pretemporada de fútbol sala. O encontro enfrentará aos equipos do Parrulo de Ferrol FS, de primeira división, e o Burela Pescados Rubén FS, que está en segunda. A entrada é gratuíta. A cita dará comezo ás 19.30 horas. Desde a concelleria de Deportes de Cedeira anímase aos veciños e afeccionados a encher as bancadas do pavillón.

A organización da cita deportiva corre a cargo do club ferrolán que aproveitará a súa presenza na vila cedeirensa para darse a coñecer a través do Campus de Fútbol Familiar O Parrulo Parque Ferrol. Esta iniciativa, que se desenvolverá na praza Roxa, dará lugar a montaxe dunha área sponsor e un futbolín humano, ademais dunha carpa para captar novos socios, a venda de merchandising e dar información sobre a campaña deportiva que está por vir. Tamén haberá un photocall e unha portería de precisión para que maiores e cativos practiquen a súa puntería e así se poidan levar algún agasallo.