Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Cedeira rememora o desastre de Chernóbil para abrir a posibilidade dun programa de acollida de nenos da zona por familias locais

CEDEIRA REMEMORA O DESASTRE DE CHERNÓBIL PARA ABRIR A POSIBILIDADE
DUN PROGRAMA DE ACOLLIDA DE NENOS DA ZONA POR FAMILIAS LOCAIS

O Concello de Cedeira vén de iniciar un proceso de colabora­ción coa organización Ledicia Cativa para contribuír á divulgación das consecuencias que aínda hoxe, máis de trinta anos despois, segue a ter o accidente nuclear de Chernóbil e tamén para abrir a posibilidade á acollida de nenos da zona por parte de familias da localidade.

Esta contribución dará lugar á celebración charla informativa ampla e exhaustiva impartida por membros da mencionada asociación para que toda á veciñanza coñeza de primeira man os requisitos a cumprir por parte das familias que poidan estar interesadas en participar no progra­ma de acollida. Esta iniciativa vai dirixida a nenos/as e adolescentes, de entre 6 e 17 anos. Son estancias de dous meses de verán para que os participantes “poidan fortaleza o seu corpo e o seu espíritu”, tal e como ponse de manifesto desde o executivo local.

O Concello está a estudar unha posible data para a celebración desde encontro, co que se pre­tende recordar o ata de agora considerado “maior desastre medioambiental da historia” e “as miles de persoas que recibiron grandes doses de radiación, aos mortos imposibles de cuantificar e aos miles de desprazados” . As consecuencias a corto e longo prazo seguen a ser cánceres, leu­cemias, malformacións xenéticas, ademais dunha angustia psicolóxica permanente, e os nenos as vítimas máis inocentes. Ledicia Cativa é unha organización galega que desde hai máis de 20 anos fai posible que nenos e adolescentes poidan fuxir, alomenos durante dous meses de verán, unha realidade dura e perigosa.

Proceso de selección e contratación de persoal técnico do GALP A Mariña-Ortegal

PROCESO DE SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE PERSOAL TÉCNICO DO GALP A MARIÑA-ORTEGAL

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, convoca o proceso de selección de persoal para a cobertura dun posto de Técnico para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020).

As condicións e requisitos pódense consultar nas bases que regularán este proceso de selección, que estarán dispostas na páxina web https://galp.xunta.gal/, ou chamando ao teléfono: 982 28 03 13 en horario de luns a xoves, de 08:30 a 14:00 horas e 16:00 a 19:00 horas e venres de 8:30 horas a 14:30 horas.

As solicitudes serán presentadas no prazo máximo de 15 días hábiles contados dende a última publicación nos medios indicados na Base 4.1, debendo realizarse segundo o modelo que se xunta como Anexo I ás Bases, no Rexistro do despacho SERVICIOS DE AUDITORÍA Y CONSULTING DE EMPRESAS, S.L. (SACE), sito en Pza. Maior, 30, 4º, 27001 (Lugo), en horario de luns a xoves, de 08:30 a 14:00 horas e 16:00 a 19:00 horas e venres de 8:30 horas a 14:30 horas ; ou ben, por correo electrónico dirixido á dirección: sace@sace.es.