Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

O goberno agradece colaboración do tecido social na celebración da cabalgata de reis

O GOBERNO AGRADECE A COLABORACIÓN DO TECIDO SOCIAL NA CELEBRACIÓN
DA CABALGATA DE REIS

Un ano máis o tecido social de Cedeira implicouse de maneira activa e desinteresada na celebración da Cabalgata de Reis, un xesto que pasado o día quérese agradecer moi sinceramente desde a concellería de Cultura en nome do goberno municipal.

Neste capítulo de recoñecementos públicos se fai referencia ao traballo realizado polos membros de Protección Civil, que se ocuparon de facer as tres plataformas así como os tres tronos dos Reis Magos; o mesmo esforzo e interese que puxeron a ANPA Picapeixe e as Asociacións Aturuxeiras e Buxainas á hora de conseguir unhas carrozas “artesanais, imaxinativas e realmente fermosas”. O equipo de goberno fai así mesmo extensivo o seu agradecemento á Asociación de Amas de Casa, por colaborar na vestimenta dos Reis, e ao grupo de gaitas de Buxainas por se encargar de poñer a nota musical ao desfile. O Concello tamén agradece a achega de caramelos feita polo supermercado Gadis e por La Caixa e a colaboración da carpintería Muebles García por contribuír á realización das carrozas.

Desde o equipo de goberno considérase un luxo unir o esforzo e a colaboración de todos e todas para poder gozar un ano máis da noite máis máxica do calendario.

A cabalgata de reis sairá ás 18:00 horas do CEIP Nicolás del Río

A CABALGATA DE REIS SAIRÁ ÁS 18.00 HORAS DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO

O venres 5 de xaneiro, a partir das 18:00 h. os Reis Magos visitarán Cedeira. A cabalgata sairá desde o CEIP Nicolás del Río cara ao Camiño Real da Magdalena. Na rúa San Sadurniño incorporarase á avda. de Castelao. Tomará dirección cara a praza de Galicia, dando unha volta ás pontes e voltando ata o Palacete Municipal onde a rapazada poderá compartir con eles as súas peticións. En caso de choiva, as súas maxestades irán directamente ao Palacete desde o CEIP. A continuación no pavillón do CEIP Nicolás del Río haberá chocolatada con roscón de reis e inchables para que as pequenas e pequenos se preparen para a súa noite máis máxica!

Apertura da Depuradora de Bivalvos na Lonxa de Cedeira

APERTURA DA DEPURADORA DE BIVALVOS NA LONXA DE CEDEIRA

Dende a confraria de pescadores de Cedeira anuncian a apertura da Depuradora de Bivalvos o día 2 de Enero (martes), en horario de 9:30h a 13:30h. Dita depuradora está ubicada nun área habilitada na mesma nave da Lonxa de Cedeira na que tamén ten lugar a subasta de pescados e mariscos. O posto de venta está aberto ó público en xeral (particulares, restauración, maioristas, minoristas,…).

Poden realizarse compras de diferentes formas: