Aviso sobre subvencións de Cultura e Deportes
AVISO SOBRE A PUBLICACIÓN DE SUBVENCIÓNS DE CULTURA E DEPORTES
Neste ano 2017, todas as subvencións de libre concorrencia municipais presentan una novidade importante, primeiro teñen que ser publicadas no BOP (Boletín Oficial da Provincia), e a continuación hai que publicar o anuncio no BOP na Base Nacional de Subvencións. O que quere dicir que realmente non entran en vigor, é dicir non se poden presentar as solicitudes nin corren os prazos, ata que se publiquen na Base Nacional de Subvencións.
Queremos aclarar que aínda que xa puidéchedes ver publicadas no BOP distintas subvencións de libre concorrencia do Concello de Cedeira, o prazo para solicitalas non comeza ata vexades que aparecen na Base Nacional de Subvencións.
Sabemos que esta novidade que se nos impón este ano aos Concellos no tema de subvencións de libre concorrencia pode crear confusión por ser este o primeiro ano que o hai que facer, pero calquera dúbida que teñades ao respecto podedes consultala no Concello, tanto na Secretaría, como na Intervención ou directamente á concelleira de Cultura e Turismo.
Sinalar tamén que o día 24 de agosto publicáronse na Base Nacional de Subvencións as bases para as escolas de música e iremos comunicando nesta páxina a publicación na mesma das restantes en canto aparezan igualmente publicadas.
Podes consultar as publicacións que realiza o Concello de Cedeira en canto ás subvencións tramitadas nas seguintes ligazóns:
IR Á LIGAZÓN Información sobre subvencións municipais na web