Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Ata finais de setembro estará prohibida en horario diurno a presenza e paseo de animais de compañia nos areais de Cedeira

ATA FINAIS DE SETEMBRO ESTARÁ PROHIBIDA EN HORARIO DIÚRNO A PRESENZA E PASEO DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA NOS AREAIS DE CEDEIRA

O goberno de Cedeira lembra á veciñanza e foráneos que no municipio se está a aplicar unha normativa pola que queda prohibida a presenza e paseo de animais de compañía, durante os meses de verán e en horario comprendido entre as 10.00 e as 22.00 horas, nos areais do concello.

Esta disposición, que rixe entre o 1 de xuño ao 30 de setembre, non se aplicará no caso dos cans de compañía de persoas discapacitadas que acrediten a necesidade da súa axuda, sen prexuízo das responsabilidades do seu propietario acerca dos danos, molestias e riscos que ocasionen ás persoas, cousas ou ao medio en xeral, entre as que hai que incluír as deposicións do animal, tal e como se fai constar desde a Concellería de Medio Ambiente. Neste sentido, tamén se recorda que o incumprimento de algunha destas cuestións entenderase como infracción e levará aparellado a correspondente sanción.