As Amas de Casa de Cedeira mostran estes días os seus traballos de patchwork no Palacete municipal
AS AMAS DE CASA DE CEDEIRA MOSTRAN ESTES DÍAS OS SEUS TRABALLOS DE PATCHWORK NO PALACETE MUNICIPAL
O Palacete municipal de Cedeira acolle estes días a exposición de patchwork que, organizada pola Asociación de Amas de Casa da vila, serve para mostrar os traballos feitos por un grupiño de doce mulleres ao longo do último ano. A iniciativa pódese visitar pola mañá, entre as 10.30 e as 14.00 horas, e pola tarde, a partir das 17.30 e ata as 21.00 horas. Colchas, edredóns, bolsas, bolsos, adornos e roupa de bebé son algunha das labores, todas feitas a man, que poderán verse ata o día 31 de agosto nas citadas instalacións municipais.
A Asociación de Amas de Casa de Cedeira conta con máis de 200 socias e, ademais de clases de patchwork, ensina bolillos, pintura, manualidades, costura, calceta e bordado.