Aberto prazo de inscrición no Módulo formativo de Atención e apoio psicosocial domiciliario
ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN NO MÓDULO FORMATIVO DE ATENCIÓN E APOIO PSICOSOCIAL DOMICILIARIO
Ao abeiro do acordo entre os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón e Ortigueira para a solicitude da subvención do Programa de Apoio ao Centro de Información á Muller, o Centro de Información á Muller do Concello de Ortigueira (dependente da Área de Benestar Social e Igualdade), abre o prazo para inscribirse no Módulo formativo de Atención e apoio psicosocial domiciliario, cofinanciado pola Deputación da Coruña.
O curso, que comenzará o día 13 de outubro, consta de 15 prazas, ten unha duración de 220 horas e desenvolverase en horario de mañá de luns a venres, no Centro de Participación de San Roque.
As persoas interesadas deberán inscribirse persoalmente no Centro de Información á Muller, e as prazas cubriranse por rigoroso orden de inscrición tendo preferencia as persoas que teñan cursado algún módulo para a obtención do Certificado de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio.
O prazo de inscrición remata o dia 10 de outubro ou cando se cubran as prazas ofertadas.
O anuncio de este curso vai acompañado dunha campaña de sensibilización a favor da incorporación dos homes ao cuidado das persoas dependentes.
Para inscricións ou máis información:
Centro Social, 1ª. Alameda s/n (Ortigueira)
Tfno: 981 40 25 42